ALTO ASALTO

Alto Asalto toma pulo desde o máis fondo e lúgubre Hades compostelán.
Berran contra as elites e tinxen de rimas escuras as cancións bélicas que
loitan contra as inxustizas e contan as vidas de quenes non o tiveron
nada doado. Así Mouriño e Ría, coas mesturas, rañadas e picadas de
pratos de Mestre Pi e a produción de Mourón (Dios Ke Te Crew), creador
das atmosferas musicais, que axudan a debuxar a alma de Alto Asalto.
Despois do seu primeiro LP, Cultura Humana, Alto Asalto preséntanos a súa segunda referencia discográfica de longa duración, Soños e Quimeras, co que chegaron a estar en todas as listas galegas dos mellores discos do ano 2018, e quedaron finalistas dos premios Martín Códax.

Soños e Quimeras é o resultado dun berro á conciencia dunha sociedade
adurmilada, presa das cadeas dun sistema implacable e voraz que nos
controla e consome. Obran unha milagre sonora vomitando unhas letras
crúas e comprometidas en 15 tracks de Rap Hardcore ao máis puro estilo
dos clásicos, poñendo todo o seu sentimento en cada letra das súas
composicións, mostrándolle ao mundo que a música segue a ser o xeito
máis directo de chegar ao subconsciente da xente para erguelo contra as
infamias. Rap galego en galego para levar a nosa Terra e os seus conflitos fóra dos límites e das fronteiras que só os necios parecen respectar.